8.11.2006

 

nunca máis (lume V)

Contra o "terrorismo incendiario" reactívase a Plataforma Nunca Máis

"Lume Nunca Máis. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio de rumbo nas políticas para os nosos montes". Con ese triple lema, a comisión xestora da Plataforma Nunca Máis anuncia a reactivación da plataforma cidadá e a convocatoria dunha manifestación en Santiago de Compostela para o domingo 20 de agosto ás 12h. Moitos dos integrantes do colectivo xa veñen participando nas concentracións que estes días tiveron lugar en varios puntos do país e agora traballan para a reactivación da rede de colaboración entre centos de asociacións de todo o país e fai un chamamento á sociedade galega a mobilizarse activamente contra o terrorismo incendiario.

Comments:
XA TARDABAN, TARDA AÍNDA UN ASOMO DE CRÍTICA Á XESTIÓN DO GOVERNO, SI BEN O DO TERRORISMO E O CAMBIO DE POLÍTICA ESTÁ CLARO, ANSEIO UN POUCO MÁIS DE DUREZA.
 
Non hai que seguirlle o rollo o PP criticando o goberno galego, seguro que hubo fallos .....pero que non comparen as actuacions de agora co as do PP cando foi o do Prestige. Timos que achegar o goberno as nosas voces de que unha mayoría do pobo galego non quere que agora se recurra a solución fácil de dar cartos a os afectados (como fixo o PP co Prestige), dar cartos os que tuveron perdas nas suas casa, animais etc... SI, pero non polos montes...Polos montes o que hai que facer é reforestar, cambiar a política forestal, plantar especies autóctonas mais resistentes ao lume etc........ pero todo isto sin dar diñeiro en metálico os donos dos montes. E ahí estaremos os voluntarios pra axudar a reforestar ...e por fin conseguir unhos bosques dignos, polos que podamos pasear e sentirnos orgullosos.
 
cuns nucleos poboacionais menos espallados , isto non teria ocurrido; sen urbanizacions no medio do monte evitariamos mortes e outras desgracias; con máis carballeiras ( e non eucaliptais) isto non tería ocurrido; cunha conciencia ecolóxica maior tampouco; cun rural poboado e traballado por xente moza, nin de coña....e así poderiamos atopar un milleiro de causas sobre as que actuar; e todas teñen en común o longo prazo, así que en canto chova e isto pare( xa que convertiron o noso país nunha "Santabarbara", pareceme que a choiva vai ser a única que sexa quen de parar isto), que non falen de miragres inmediatos, se non que lle vaian informando a xente de todo o que se leva facendo mal durante décadas e do moito que hai que repensar...e xa a xente por si mesma decatarase ,entre outra cousas , da infame postura do PP , ademais da sua responsabilidade histórica.
 
bravo, bravísimo!non sei vós,pero eu agardo desa manifestación que sexa libre, como aquela do 2 de decembro,que vexan que hai ducias de miles de persoas que están pendentes do que está a pasar no país,e por último, e non o menos importante,que o novo goberno se dea conta de que xa pasou un ano e que ten todo o noso apoio para empezar de novo, para intentar refacer tanta desfeita que fixeron outros, en definitiva, para se valentes. eu vopu dicirlles iso: joder, sede valentes. e contade con nós
 
por certo, tanto anónimo...unha pistiña,plis
 
Very nice site! film editing schools
 
Postar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?