8.10.2006
edelmiro (lume III)

Este foi o comezo dunha das mellores clases ás que tiven a sorte de asistir en toda a miña vida académica. a materia era Estrutura Económica de Galiza; o curso 3º de Economía; o profesor era el.
Durante máis de 10 anos falei e falei polos bares de humidtown do meu profesor dicindo que, si chegado o momento do cambio non contaban con el para opinar do agro do noso país, é que estaban todos tolos.
O cambio polo que tanto devecíamos chegou, e contaron con el.
Nas aulas, o mestre falábanos da situación dramática que se estaba producindo no agro; da brutal despoboación que tiña lugar segundo a segundo, das nefastas consecuencias do (mono)cultivo forestal, do abandono do monte... a súa análise era ordeada, profunda, seria, clarividente. facíanos pensar e rabuñaba e rabuñaba nas nosas cabezas –polo menos na miña- para que víramos a gravidade do problema, e tamén o difícil que podería ser dar marcha atrás. e daba solucións. solucións complexas -como os problemas-. solucións valentes.
cando os botamos, unha das maiores alegrías que levei co cambio (a outra xa a sabedes, i guess) foi saber que para intentar o desenvolvemento rural da ghalleira, el tería algo que dicir.
pasou un ano xa; agora as lapas dos lumes que nos queiman por dentro non nos deixan ver nada. teño a esperanza de que o escoitaron, teño a esperanza de que falou , teño a esperanza de que os efectos das medidas que adoptou veranse a medio/longo prazo, teño a esperanza de que a arañeira que pode chegar a ser a administración non puido con el. en fin, que aínda teño algunha esperanza.
Edelmiro: we need you.
Comments:
<< Home
Pois eu non estou nada de acordo.
O coñezo, sei o que pensa, sei o que quereria facer e espero que non o escoiten
O coñezo, sei o que pensa, sei o que quereria facer e espero que non o escoiten
pois infórmenos do que pensa facer.plis. e , advirto, se non o escoitan, para que carallo o queren?
estou certa de que non foi mestre seu...
estou certa de que non foi mestre seu...
Cool blog, interesting information... Keep it UP Craps articles Comprar tv lcd e vitamin http://www.buy-vicodin-5.info Military divorce rate Natural herbs vitamins Does congress have power to a tax law experience generic cialis Michigan bingo hall Scrabble free play vitamins and alzheimers disease iron vitamins weight loss pill advertised on tv acura tl parts A team logo t shirt
Postar um comentário
<< Home