6.19.2006

 

¿en qué momento se jodió el perú?

por riba das súas infinitas mezquindades persoais, das inmensas discrepancias ideolóxicas e do desprezo que me merecen as súas pedras de toque, sempre defendín (e sabeo ben o pequeno saltamontes) que a obra de vargasllosa era superior á de gabo. lembro como me caeron as bágoas ao ler as tres primeiras páxinas de cen anos de soidade (e as tres seguintes, e as outras tres máis); lembro como lin a crónica da morte anunciada sen respirar e lembro como busquei parecidos razonabeis nos síntomas do amor colérico de florentino ariza. despois disto, que é inmenso, nos seus libros só atopei silenzo.
subindo as montañas de prexuízos que tiña na adolescencia (que eran moitas e moi importantes) collín as historias de mayta que me deixara meu avó e na miña imaxinación (tamén adolescente) fíxenas miñas; utilizando como pretexto o peixe na auga que vin nadando a través da ventá dun R11 lanceille o primeiro anzó a fly-fishing e empecei a entender algo da miña vida e, ao tempo, daquel xapo sinistro; nunha habitación de prestado do esteiro da vila acompañei o meu insomnio con xefes e cachorros que nin eran tan xefes nin tan cachorros; lin con máis pena que gloria aquel libro da sonrisa vertical, pasei unha primavera en ciudad-ajo, tumbada no botánico e na praza do reina sofía coa tía julia (tamén estaban aqueles fermosos e malditos pero agora isto non ven a conto); pero por riba de todo, hai unha frase que non hai mes que non se me veña á cabeza, que non me traia ao país que vivo, que non me leve a coller o libro, a buscala, a atopala: ¿En qué momento se jodió el Perú?, pregúntase Zavalita unha e outra vez durante as 736 páxinas da novela. un comezo demoledor. pasan páxinas e nas respostas, non só se fodeu o perú, tamén se fodeu zavalita, foderonse os soños, fodeuse o amor, fodéronse as solucións e, o peor de todo, foderónse as esperanzas.
varios libros despois volto a vargasllosa e ás travesuras dunha nena mala e con cada páxina que paso, con cada páxina fácil, evidente, obvia, predecible e superflua fágome a pregunta: ¿en que momento se jodió vargasllosa? se cadra foi coa lituma nos andes, ao mellor cos cadernos de don rigoberto, ao mellor coa súa propia podremia moral, se cadra foi o nobel que non lle chega. non sei cando. non sei por que, pero sen nada novo que contar, como vería a calquer outro escritor, hoxe vexo a este ghicho francamente fodido.

Comments:
jo... non digas eso, anque o fagas así de bonito. besiños!
 
eink?desscodifíquese, plis
 
non son lector do vargas llosa pero coincido case punto por punto coa túa lectura do gabo. e fode que os seus libros sexan imprescindíbeis ou insoportábeis, sen termos medios. engadiría, probabelmente, na brevísima lista dos imprescindíbeis algún relato pero pouco máis.

tiven, iso si, un profesor que sostiña que vargas llosa deixara de escribir ben cando deixou o partido comunista.

será?
 
uf! non o sei, se leras este libro da nena mala e viras o aire condescendente, despectivo e perdonavidas co que fala da súa época hippie(sic)en londres estarías conmigo en que só pasou polo comunismo e outros ismos pra poder botar uns bos polvos; o cal, por outra parte, é unha opción moi respetable.en todo caso,quizais me pasei co post, o tipo que creou a zavalita merécese o meu respecto forever and ever.
en canto a gabo; non coñezo eses relatos, pero quitando os libros que citei, só foi capaz provocarme tedio e sono, moooooooito sono
 
I have been looking for sites like this for a long time. Thank you! video editing programs
 
Postar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?