2.07.2006

 

mahoma

farta de oir as opinións oh!ccidentais co tema de mahoma, que se a liberdade de expresión, que se os musulmáns non teñen sentido do humor que se sons uns fanáticos, que se iso aquí é impensable porque cada un pode dicir o que lle pete, que se patatín, que se patatán. farta de todo iso, reto a calquer xornal oh!ccidental que tanto defende estes días esa liberdade, a que saque en portada, por exemplo, unha caricatura do representante de deus na terra botando un polvo con outro home, como denuncia pola represión histórica e actual da igrexa para cos homosexuais. e ogallá me equivoque y la vean mis ojos

Comments:
É que a relixión é o opio dos pobos comadre. Marx, unha vez máis, tiña toda a razón (se aínda fose a maría, botabamoslle unhas risas, pero isto... puta gracia que fai).
 
do que ninguén parece querer darse conta é que esta protesta do mundo musulmán non vén a propósito dun debuxo de merda, senón da permanente caricaturización que en occidente se fai da súa cultura e da súa relixión. Como isto siga así imos ser nós os que perdamos o sentido do humor (juajua)
 
carallo salta, vostede de verdade, que cando pasa por aquí dá no clavo. por certo, veño de oir na radio que unha revista francesa publica hoxe outra caricatura de mahoma na que di algo así como "que culpa teño eu de que os meus admiradores sexan uns imbéciles".en fin,que quere que lle diga?
 
Por un lado é fácil dicir que se están pasando e demostrando o que xa sabiamos sobre a súa radicalidade. (Tamén pode ser que interese velos así, ollo!)
Por outro lado ben seguro que hai temas que por unha especie de pacto tácito non se tocan, como certas cousas da monarquía e a igrexa e quén sabe qué máis. Pero, como moi ben di unha frase que lin nalgún sitio q xa non recordo, a miña liberdade remata onde comeza a túa. O que vén a dicir que para unha convivencia posible ten que prima-lo respecto por moito q custe entender certas cousas.
Eu propoño que o chiste sexa que o froilán empuñe unha bandeira republicana por ver que agora queren cambiar a lei de sucesión. Tamén me gustaría recordar que a nosa relixión tamén foi radical, a institución, as cruzadas, etc. Ó mellor é q os fundamentalistas tamén teñen q pasar por esa etapa.
 
Salta: creo que sen querelo acabas de contribuír á reprodución da ideoloxía "oriente vs. occidente".
 
realmente a caricatura que propón senalcume referente a Bieito, non sería comparable ( coas famosas caricaturas)no que atinxe a irreverencia e falta absoluta de sensibilidade; imaxinemos máis ben unha caricatura de Cristo dándolle polo cu a S.Juan Bautista, ou sodomizando a un neno.... Pero bueno , a enorme estima que en occidente temos á liberdade de expresión, será posta a proba por un diariio iraní, que participando dos sacros e superiores valores de occidente, ven de convocar un concurso de caricaturas sobre o Holocausto xudeo. Xa verás como en Israel sí teñen sentido do humor, e non como eses terroristas fanáticos; sí , sen dúbida en Israel han fartar de rir.
Non credes que os sempre eficaces sistemas de propaganda e de manexo da opinion pública ,se están volvendo un pouco descuidados?.
 
a verdade é que tamén eu pensara o do neno, pero corteime (aautocensura, xa ve!), moi ben traído o dos xudeos e ¿como non lembrar o que lle caeu a carod&maragall pola foto da coroa de espiñas? e por non falar de sidney o'connor!
 
Estou pensando na postura que adoptariades se un diario publicase aquí unha viñeta irreverente de Cristo e as ordas cristianas se levantasen en pé de guerra en contra del, con ameazas de morte incluídas e crise diplomática internacional. Apoiariades ao viñetista sen ningunha dúbida. Porque, como senalcume recoñece, a súa opinión depende de con quen discuta. Pero que semellantes sodes! Non entendo como discutides tanto, se no fondo estades de acordo en todo! Sodes espíritos de contradición.
 
usted siempre por encima del bien y del mal, oh mi diosa......lea o de salta,anda.
sabe de sobra que hai momentos e situacións nos que non se poden estebalecer equidistancias
 
Claro. E para manifestarse contra o cinismo europeo hai que amosarse a favor do fanatismo relixioso... Aiiii! Creo que a vosa posición é unha manifestación do complexo que vos causa ser muller (liberada) occidental e home (acomodado) occidental.JIJIJI
 
bueno, grazas polo aque me toca...prefiro ser liberada que acomodado.jijiji
 
Keep up the good work »
 
Postar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?