2.08.2006

 

comandante

collo na bibilioteca da ciutat comandante de oliver stone, un documental-entrevista a fidel castro, do que se nos advirte que non foi necesario introducir ningun corte censor. como sempre que sae o tema cuba, véxome obligada a matizar as opinións para que uns non me chamen castrista (non, non o son) e outros gusana (non, non son). o director faille preguntas incansablemente ao comandante, que, tamén incansablemente, responde. o que vexo despois de 100 minutos é a un home vello, canso, orgulloso dos méritos da súa revolución (non serei eu quen llos discuta), que me dá a opotunidade de coñecer outro punto de vista sobre a morte do che, sobre a guerra de vietnam, sobre a propia revolución. pero por riba de todo vexo a un dirixente arcaico, alleo ao mundo, que fala do proceso de elaboración dos seus discursos, un home doutro tempo, doutro século, lento, retórico e que non contesta o que non quere contestar.
hai unha anécdota a conta dunhas zapatillas deportivas: o comandande calza unhas nike. alguén lle di que pertencen a unha multinacional norteamericana. fidel descoñece que nike exista, como tamén descoñece o que un membro do equipo de oliver stone lle di, que está denunciada pola explotación infantil masiva no sudeste asiático. ante iso fidel responde: ah! entón non crea traballo en norteamérica. ata parece que despois leva con máis orgullo as súas air.
(lars por se non me cre: isto está nos extras)

Comments:
Recoñezo que podes ter toda a razón do mundo no que dis de Fidel, pero por algunha misteriosa razón , síntome incapaz de condenar , ou mesmo de xulgar con dureza a esta figura enorme . Coa desaparición física do "comandante", e a máis que probable e conseguinte desaparición da Cuba socialista, sentireime orfo de soños e utopias, e saberei definitivamente que o mundo será un lugar moito peor...
 
alaaaaaaa.
meu amor: en cuba o socialismo xa desapareceu... e que sexa que é, non creo que desparaza.
vostede sabe tan ben coma min, que a non son unha gusana...e que según quen teña enfrente, podo estar con fidel nas trincheiras...
 
Mito: relato ou noticia que desfigura o que realmente é e lle da apariencia de ser outra cousa.
 
jajaja
 
madri, vostede non estará insinuando que lars é un mitómano, non?jijiji
 
Eeeeu? por que o dis?
 
dame non fuciño, non sei e como es o meu suplemento acosrumo a certar....mesmo sen maría.jijiji
 
Eu vino o ano passado e decepcionou-me bastante...Tp sou castristas, mas a verdade é q não me fixo admira-lo nem sequera...Não sei, será q já sou crítica com tudo e com tod@s e nada me enche.
Um saúdo!
 
Very cool design! Useful information. Go on! »
 
Cool blog, interesting information... Keep it UP video editing schools
 
Postar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?