2.22.2006

 

aviso


sigo viva. de feito, sigo máis viva que nunca.pero agora traballo por e para vos. e traballo moito. espero dentro de nada, facelo ben. porque me importa este país.

2.15.2006

 

grazas

pisuergos, btt, allariz, galeuzcos (sorry, nois), feiraco II, papparazzos, mariona: grazas pola compaña, polos consellos, polas risas, polos cariños, polos calçots e o trivial, e o ron e o guïske, por aturarme e, sobre todo, por ser capaces de que non me viñera abaixo cando estiven a piques de tirar a toalla. that's one from the heart.

 

6

foron xusto 6 meses.
volto a casa.

2.13.2006

 

???

¿onde tomarei as cañas o sábado que ven?

2.10.2006

 

con dios!

é tempo de caricaturas

2.08.2006

 

comandante

collo na bibilioteca da ciutat comandante de oliver stone, un documental-entrevista a fidel castro, do que se nos advirte que non foi necesario introducir ningun corte censor. como sempre que sae o tema cuba, véxome obligada a matizar as opinións para que uns non me chamen castrista (non, non o son) e outros gusana (non, non son). o director faille preguntas incansablemente ao comandante, que, tamén incansablemente, responde. o que vexo despois de 100 minutos é a un home vello, canso, orgulloso dos méritos da súa revolución (non serei eu quen llos discuta), que me dá a opotunidade de coñecer outro punto de vista sobre a morte do che, sobre a guerra de vietnam, sobre a propia revolución. pero por riba de todo vexo a un dirixente arcaico, alleo ao mundo, que fala do proceso de elaboración dos seus discursos, un home doutro tempo, doutro século, lento, retórico e que non contesta o que non quere contestar.
hai unha anécdota a conta dunhas zapatillas deportivas: o comandande calza unhas nike. alguén lle di que pertencen a unha multinacional norteamericana. fidel descoñece que nike exista, como tamén descoñece o que un membro do equipo de oliver stone lle di, que está denunciada pola explotación infantil masiva no sudeste asiático. ante iso fidel responde: ah! entón non crea traballo en norteamérica. ata parece que despois leva con máis orgullo as súas air.
(lars por se non me cre: isto está nos extras)

 

formigas

despois dun fin de semana gastronómico no que probei os calçots que tanto lle gustaban a meu avó, bebín licor de plátano a fartar e, por agotamento de tódolos xogadores (incluída eu) asinei táboas ao trivial, a ciutat amanece hoxe con luz de primavera e temperatura de inverno. o día é o tal: toca cadaqués.
conduzo o máis a modo que podo polo cap de creus e, polas fiestras do forito entran oliveiras de formas imposibeis, a serenidade do mar mediterraéneo e o inverno branco dos pirineos. cando chego a cadaqués inevitablemente lembro a vila. paseo e sento nun banco ao sol, protexida da tram
ontana que sopra, e mirando o mar, con axuda de philip roth deixo pasar o tempo.
cando o vento empeza a poñerse serio vou para o coche. poño the heart of saturday night de mr.tomwaits. cos primeiros acordes noto o formigueo de vrao por debaixo da lá do meu xersei azul.

2.07.2006

 

mahoma

farta de oir as opinións oh!ccidentais co tema de mahoma, que se a liberdade de expresión, que se os musulmáns non teñen sentido do humor que se sons uns fanáticos, que se iso aquí é impensable porque cada un pode dicir o que lle pete, que se patatín, que se patatán. farta de todo iso, reto a calquer xornal oh!ccidental que tanto defende estes días esa liberdade, a que saque en portada, por exemplo, unha caricatura do representante de deus na terra botando un polvo con outro home, como denuncia pola represión histórica e actual da igrexa para cos homosexuais. e ogallá me equivoque y la vean mis ojos

2.06.2006

 

tricornios (2ªparte)

co mesmo gc do outro día segue a conversa e, con ese toque condescendente que me fai ferver as tripas dime :
-eh! que yo tengo amigos gays, sólo que..., bueno...., ya saben que a mi su rollo...., que en fin.....
-traquilo hombre !- dígolle eu- tampoco será obligatorio que te acuestes con ellos.
-el: joder, tu mira que eres de pueblo......
en fin. a bos de entendedores sobran palabras, non? só espero que un día tropece con este blog, apto para paletos.

2.04.2006

 

tricornios

atópome no supermercado cun gc que dá conta da entrada de frikilandia durante a semana; tras un minuto de conversa dou cunha boa escusa para fuxir; dígolle que teño présa, que vou ler o xornal pra saber das estreas do cinema. o efecto é o contrario ao buscado, o gc comeza a interesarse polo tema. a conversa ven sendo a seguinte:
gc: ¿has visto munich?.
eu: si.
gc: ¿te ha gustado?.
eu: bueno, pues regular; la verdad es que spielberg no me entusiasma; además la víspera había visto la de los vaqueros, que me encantó, y claro, ya sabes....
gc: ¿cual?, ¿la de los vaqueros? ni idea.
eu: si, hombre, brokeback mountain, la de los vaqueros gays. está nominada para un montón de oscars. ¿no te suena?
gc: algo si, pero no voy a esa peli ni de coña. a mi es que ese género no me va.
e eu, ilusa de min, pensando que falaba do western.
e logo dirán que son prexuizos....hayquejoderse!

2.03.2006

 

galegos

certas ou non, o libro de o'rivas que estou lendo regálame perlas coma estas que fan que esmendrelle cando paso as páxinas e, a un tempo, camiño polas rúas da ciutat:
1.historia: conversa sobre a orixe dunha ponte nun bar calquera dunha vila calquera de sicilia: a metade da ponte é ghoda e a outra metade visighoda, di un. alquén acláralle que a ponte fixoa a deputación provincial. unha vez convencido o home sentecia: caghar, cagheina pero manteño a caghada.
2.emigación (1): teño os dous fillos fóra pero un anda por aquí cerca, está en bos aires. o outro non; o outro está lonxe, nun sitio ben raro, frankfurt ou algo así.
3. emigración (2): entrevista a un emigrante.¿está vostede orgulloso de ser galego?.estou moi orgulloso de ser galego porque galego,galego, pode selo calquera.
por certo fala o'rivas dunha páxina creada por fillos/-as e netos/-as de emigrantes: www fillos.org.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?