1.25.2006

 

quizais

así que, por causa da falta de mesa, pc, bolígrafos, libreta e demáis material [inventariable (capítulo 6) e non inventariable (capítulo 2)], é fácil que postee agora menos que antes. pero, claro, pode haber factor sorpresa e, nunha semana, quizais teña unha mesa, un pc.....
to be continued...

 

volta a comezar

posteo dende un ordenador da bibiloteca pública da ciutat porque non me queda outra. na última volta de torca, en frikilandia, mándanme a un novo posto, no que por non ter, non teño mesa. coma nas orixes. pero xa llelo advertín: non van poder conmigo. dientes, dientes, que es lo que les jode.

1.20.2006

 

perder a virxinidade IV

o que acabo de oir sobre a súa proposta de reforma do IRPF, non me gustou nada, nadiña; así que o mesmo non perdo a virxinidade. en todo caso, sempre fun unha gran defensora do onanismo existencial.

1.19.2006

 

paco´s life

prescindan se queren do resto deste blo coñazo, pero non se perdan isto, plis.

 

telepatía

onte, dez minutos despois de sair dunha librería da ciutat de mercar este libro, recibo unha sms de ute lemper que dende 1179 km de distancia (dirección noroeste) pregúntame: ¿liches kaddish polo fillo non nacido do teu autor, premio nobel, húngaro ? É moi bo pero hai que lelo sen respirar.
comprobo que ter aberto os ollos no mesmo sitio provoca afortunadas telepatías (aparte de marcar os camiños).

1.18.2006

 

sexo, sexo e sexo (2ª parte)



es que estoy muuuuy malita....


 

perder a virxinidade III

e fareino. perdereina. sabendo que será unha mestura de dor e pracer; sabendo que é un feito irreversible e que hai quen dirá que me boto ao monte; e sabendo, tamén, que superada a tensión?, expectativa?ansiedade?ganas? inseguridade? será coser e cantar.
he dicho.

1.17.2006

 

perder a virxinidade II

o sábado á noite en lavapiés, ante o silenzo (¿cómplice?) de cesare, barataria e máis eu concordamos en que se presentan á poderosa dama, á dama de terciopelo, de candidata, estamos dispostos a perder a nosa virxinidade política aló por marzo de 2008, e por primeira vez nas nosas vidas votalos.

 

perder a virxinidade I

ten moitas máis características ca estas, e cada quen o contou, conta ou contará según lle fora no asunto. pero a grandes rasgos, e por dicir algo da rotura do hime digo:
i-é un momento no que se produce unha sorprendente mestura de pracer e dor (aínda que a min de dor nada de nada. ¿premonitorio?).
ii- é un feito irreversible: unha vez roto, así queda para sempre.
iii-superada a tensión?,expectativa?, ansiedade?, ganas?, inseguridade? o demáis é coser e cantar, ou sexa, botarse ao monte. (cada un/unha co talento e dedicación que pode ou quere )

1.16.2006

 

(re)cambio

que mellor momento ca este para esquecer definitivamente ao tiranosaurio rex. por favor céntrense no presente, que ao pasado xa lle demos unha patada no cu o inesquecible 27 de xuño. agora toca pensar en hoxe e máis en mañá. e ollo: este tío é moi bo. (por certo, o primeiro que está facendo é distanciarse de don vito). tomen nota e a por eles, poderán contar con nós.

1.14.2006

 

more than this

entro nun café de bairro, nun bairro céntrico en ciudad-ajo. en 10 minutos o grupo que está ao meu carón (3 homes e unha muller de mediana idade que comparten vermús e cañas) repiten 10 veces a palabra españa,11 veces catalanes, e 7 hijos de puta.
dios mío, como está españa!.
menos mal que ciudad-ajo é moito máis ca isto (aínda que tamén).

1.11.2006

 

memoria

como sempre sucede cada vez que visito unha cidade que ten metro, a menos dun día para chegar a ciudad-ajo lembro como na gare de montparnasse fly-fishing colleu agarimosamente a miña mao para recorrer todo aquel labirinto de cores e ensinarme como funcionaba. e isto é só unha mostra das cousas que me aprendeu, e que, coma outras, é imposible esquecer.

1.10.2006

 

yo me bajo en atocha

he llorado en venecia
me he perdido en manhattan,
he crecido en la habana, he sido un(a) paria en parís,
méxico me atormenta, buenos aires me mata,
pero siempre hay un tren
que desemboca en madrid.
se me dera por seguir os pasos da canción de sabina, na próxima viaxe debería ir ao único sitio que teño pendente.
alguén que se apunte?

 

esperpento

o sábado, mentres agardaba por un tren que me levaría a verona, púxenme a ler ao sol da estación de santa lucía o libro do escritor húngaro que me agasallou cesare polo nadal. concentrada como estaba, xa que se achegaba o final, notei como a medio metro da miña cara había dous seres esperpénticos en pleno ataque de risa; levantei os ollos da bandeira inglesa e o que dixeron, en perfecta polifonía e entre gargalladas atronadoras foi "somos húngaras, somos húngaras, somos húngaras, te gusta???". agarráronse unha á outra do brazo e, tal como apareceron, desapareceron entre os andéns. si, gústame; polo menos tanto como ver en xaneiro e fóra de tempada, dúas claras mostras do lyncheano e sinistro que pode chegar a ser o antroido de venecia.
pasei a última páxina, metinme no tren, e entre a neve cheguei a verona.

1.09.2006

 

reconciliación

dicía aquel que parís o reconciliaba coa humanidade.
poucas cousas me reconcilian tanto coa vida como ter boas vistas dende a cama ao espertar. vistas coma as que tiña nestes últimos 4 días tan pronto despegaba as pestanas.

 

existe?

será porque no inverno, entre puchos, manoplas e bufandas a turba de invasores pasa máis desapercibida que con chanclas e gafas de sol.
será porque a maior parte dos visitantes eran italianos (facilmente recoñecibles: son os únicos que berran máis ca nós).
será porque o da decadencia é algo máis ca unha novela de thomas mann.
será porque non deixou de sorprenderme que a xente monte, co aire de solemnidade que require a empresa, ademáis de no vaporetti, nas góndolas pra ir traballar.
será porque dende as rúas vin vida de verdade dentro dos pazos....
non sei moi ben a que se debe, pero o certo é que a irrelidade de venecia é real. os meus prexuizos de que ía ver un parque temático do turismo caeron polo chan: centos, miles de personaxes do século XIX pasean polos canais con abrigos e sombreiros de pel e levan os cans (?) amarrados con cadeas douradas e vestidos barrocos; enchen as igrexas prégandolle aos seus deuses cos xeonllos ben chantados e as maos abertas ao ceo; visitan cafeterías onde a calor chega de estufas eléctricas colocadas no medio e medio e sobre todo, pasan indiferentes entre nós, persoas deste século XXI que pasmamos e voltamos a pasmar ante a incrible piazza de san marco, o incrible azul do adriático, santa maría de la salute, canais grandes e pequenos e os inocentes mortos inmortalizados por tintoretto.
venecia existe? debe existir, teño algunha proba diso, ademáis daquel concerto. (...se puidera darlle atrás ao reloxio...)

1.03.2006

 

viaxar

comecei o 2006 cunha viaxe infinita que me trouxo á ciutat acompañada por oh!vaia! e unha dor de gorxa que me impedíu falar en todo o camiño. agora, coa catarreira medio curada e a poucas horas de ver por primeria vez unha góndola e un gondoleiro, fago unha reserva aproveitando unhas tesoiras que vin no xornal. destino: ciudad-ajo na finde que cae no medio de xaneiro. ao mesmo tempo intento amortizar, anque sexa unha amortización de mínimos, os cartos que metín este ano na universidade, pero cústame o meu adicarlle tanto tempo a carloslasarte. agora teño cabeza con fantasías traídas de libros de viaxes, xenialidades do teatro, novelas e películas decadentes, comentarios da xente que xa estivo en venecia, xelados de avelá e chicolate e traballos da miña imaxinación, que de limitada que é, non é quen de ver rúas de auga. frotarei ben os ollos cando as teña diante para poder soñar con elas despois de velas e así poder contar contos desas maravillas como, ata agora, me contaron a min.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?