12.31.2005

 

destino

atoparme con acalycanto para min foi como atopar a algúen que trae o pan debaixo do brazo. despois da gran putada da fatídica oposición o destino púxome diante ao mellor mestre dentre os mellores; agora, ademáis dun futuro ilusionante trae xente que me abre camiños novos en humidtown, xusto cando eu pensaba que xa os coñecía todos. o venres pasado, cando acalycanto se retira escangallado para casa, nebraska, ute lemper e máis eu compartimos, entre as risas e os recordos, cervexas e ronconcocacola no de sempre. nebraska trae ao presente un pasado (non moi) glorioso; fala de san antón, de curvas nas estradas e de bares ilegais; ute lemper lembra percebadas históricas, bares políglotas e alemáns autárquicos; a miña cabeza vai a toda hostia xuntando ás súas palabras luns de antroido, suspensos en matématicas, corazóns rotos e moita música. pero por riba de todo lembra a clandestinidade daquela serra e o frío que ía na praia aquel 7 de decembro.

 

macuto

poucas cousas mellores que rematar as vacacións metendo no macuto que levo á ciutat as novas versións de hoover alpina, mamápanda e elbulli, aos amigos de sempre (e coma sempre), a amigos recentes, a venecia e ao futuro (anque leve exame incluído).

 

2006

asinaba por ter un 2006 coma o 2005. para os que asinen o mesmo, o contrario ou algo que non teña nada que ver: feliz ano novo.

12.14.2005

 

lugoslavia

despois de maldurmir por culpa dun alioli pelexón que ceei na outra casa, érgome e, co ollo aínda medio pechado, collo o coche pra ir con mamápanda a lugoslavia e ver aos avós e a rennes. rennes está empezando a comprobar o que significa unha oposición, os cumes que sobes e as costas que baixas nunhas poucas horas; ao lume da cociña e acompañados como mandan os cánones lugoslavos( viño pelexón, nabizas tenras e lacón-glorioso-) falamos da paciencia e da constancia que require esa empresa; rimos moito a conta de partidas de brisca que acaban en pelexas e de vodas en caciquelandia que farían as delicias do almódovar máis esperpéntico. nun arranque de sentidiño a avoa dinos a rennes e a min que nos miremos, que si nos cremos nós moita cousa, que quen nos dera voda coma aquela e non quedar pra vestir santos. invocamos a santa rita, a santa lucía, a san bieito e san antón e entre roscas de anís,lembranzas a rosalía por parte de meu avó e café, dan as catro e media da tarde. cun frío que nindios paseamos polos campos de inverno e merco víveres para hoover alpina: pan do de verdade, nabizas, chourizos e unha caixa de patacas (da casa, of course). é vespera da matanza e na casa non che está para lerias así que toca voltar cedo. de camiño a humidtown boto as contas do emigrante: esta dose de enxebrismo, cantos meses de morriña tapará?

12.10.2005

 
corvos, fábricas de chicolate, mencía, claras de cervexa, forest, garum, máis mencía, rioxa, viña meín, salada de gulas, arghallante máximo, carrilleriras de becerra, brochetas de peixe, mousse de queixo (excelente), licorcafé (do bo e do malo), augardente tostada, bershka e pull&bear, viño dóce e seco, cintos presuntamente insuficientes, mosqueos, sms, ronconcocacola, reconciliacións, vasos rotos, camellos, radiogalega, xuntadegalicia, inversións en cultura pendentes de amortización, promesas de visitas, posibilidades de regreso, ilusións rotas, ilusións que nacen, decepcións persoais (vellas e novas), bicos, leccións sexuais pendentes de exame (quid pro quo), mañáns espectaculares, resacas descomunais, bombíns, rodas desinfladas e axiña infladas, baca, bicis, lola, grupos do mundial, españa!, polígono do ceao, orro, pontenafonso, tinesvillage, rates, cruceiro de roo e volta a contar do revés, suor, calor e frío, moito frío, venecia en xaneiro, humidtown. venres, sábado:cesare

12.09.2005

 

despegando

levo seis días alonxada de frikilandia, e a terra por medio que lle puxen aos monsters comeza a facer os seus efectos.a recuperación sen embargo é lenta. as feridas son máis profundas do que imaxinei, tal e como intuín o día que comecei as vacación: a tristeza e o baleiro, cando que se supón que debía ser un dos días máis eufóricos do ano, foron inmensos. ás veces de noite e, entre soños, aparéceseme algún dos monsters e os soños vóltanse pesadelos.pero non desepero, poño todo da miña parte, pido as axudas que creo que preciso e entro na pista de despegue.

12.02.2005

 

inferno

apenas quedan 40 minutos no inferno.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?