10.29.2005

 

aquí

ciutatans da galiza: ja soc aquí.
preparaivos.

10.27.2005

 

vergonya

Copio e pego. a mala hostia impídeme ser algo creativa. mesmo exercer de traductora.
Galicia sigue pescando con la vista puesta en los logros de sus colegas.
Iglesias glosa la huelga del Mediterráneo como si estuviese ante una gesta épica, pero no por el arrojo de sus colegas, sino por su unidad, al tiempo que disculpa a los gallegos: «Tan poucas folgas fixemos, que non sabemos nin organizalas, nunca saíron en nada», dijo.
Amighiño, o camiño faise andando.

10.26.2005

 

sky

ás oito da mañán. e ás sete da tarde.


os ceos da ciutat

semellan ceos impresionistas.

10.25.2005

 

perspectiva

Chegan dende humidtown novas de bonrollismo e dúplex ordeados; chegan algunhas chamadas de teléfono que me poñen nerviosa porque me fan estar alí sen estar (outras póñenme de mala hostia e déixanme cavilando sobre non sei que); chegan correos que me falan dun concerto ao que non vou ir. Eu quero ir aos bares, tomar cervexas, andar atravesada pola rúa, falar,falar e falar, estar cos meus amigos, con elbulli, comer pan con xeito, rir, non perder a ilusión co bipartito: que non ma quiten, picar a cesare (e que lle rañen), facer de enfant terrible nas conversas político-sectarias con lars (e delarosa), compartir as complicidades das herbas co meu suplemento, buscarme nos ollos do pequenosaltamontes (e atoparme), oir en directo as xenialidades de wozzeck e mil cousas máis.
Sosteño que a morriña non é máis que un erro de perspectiva, seguramente a procura dun punto de fuga. Poderá distorsionar todo o que queira, pero non aos meus amigos. Eles son o meu país.

 

tempo

xa se contan as horas.

 

vrao

Pasei o día do sábado ás beiras do mar mediterráneo. para sair do túnel esquizofrénico no que me metía peter handke dinme catro ou cinco baños que me refrescaron corpo e espírito. Mentres me daba o sol, pensei na morriña e no efímeras que son as cousas importantes: o sol, a morriña.

 

més que un club

Só hai un clube de fútbol no mundo que nun día pase dunha polémica por ter un directivo membro dunha fundación noxenta a proclamar dende o centro do estadi un visca els països cataláns lliures.
Éme fácil entender o de més que un club, o do seny xa me costa máis.

10.20.2005

 

sexo, sexo e sexo


10.18.2005

 

virxes

Despois dun día moi productivo en frikilandia, onde tiven tempo a actualizar o meu escuálido curriculum vitae, ler os diario oficiais e non oficiais pertinentes, ler assuasbalas, interrogar a algún prestixioso entomólogo local sobre o becho que kafka meteu nunha habitación, falar con ambigú e demáis actividades variopintas, vou ao cinema para ver as virxes das que me falou cesare: a película lembra demasiado a barrio e a mil máis como para ser algo, un pouco, orixinal: macarritas adolescentes, risco, vértigo, asfalto, familias destartaladas. o premio a jjb: unha esaxeración. sobre jjb teño unha dúbida: jjb era o memo neno que el bola?, é agora o mesmo chaval que tano? por que en cada entrevista que dá se empeña en dicirnos que si?. En fin, frouxiña, frouxiña. Iso sí, o sorriso de jjb cos ollo é insuperabel. Busco algún que se lle pareza.

 

normal


A causa das estradas cortadas pola choiva e da folga de transportes, por primeira vez en moito tempo, paso unha fin de semán normal (en termos de aí, anque sen empanada). vou ao teatro. ao mercado. de mañá leo o meu xornal burgués favorito. vexo o partido (menudo descoloque: rodeada de galegos son culé, rodeada de culés suponse que son turca; sálvame o empate). tomo unha cañas nun bareto-franquicia (é o que hai) calquera. non follo. volto ler o xornal. aproveitando o sol que asoma, paseo un par de horas por un val de outono que hai as aforas da ciutat. cociño. vexo unha de hitchcock. No medio de tanta normalidade, alguén excepcional.

10.17.2005

 

metamorfose

Vou ver a metamorfose de la fura e javier dualde. Collendo o relato de kafka fan unha obra na que o escarabello, sen aparecer, está latente todo o tempo. Non se trata dunha adaptación da angustiante historia kafkiana, trátase dunha metáfora sobre o aillamento que parte daquela. O gregor samsa de la fura acorda un día pecharse voluntariamete na súa habitación (representada por un cubo de cristal que semella unha gaiola e que deixa ver o que pasa dentro dende catro mil punto de vista) para comezar un proceso de deshumanización brutal. Para explicarnos un pouco o porqué da súa decisión proxectan un video/curtametraxe (o único elemento tecnolóxico da obra, xunto cunha televisón e un mando a distancia)proxectado sobre o propio cubo de cristal. Como non podía ser menos a escenografia é brutal, moderna, sobria e espectacular. Magoa é que unha vez postas as cartas cara arriba apenas pase nada e de aí que, cara o final, a obra vaia decaendo e non se saiba moi ben onde quere chegar.

10.13.2005

 

por favor

por favor, que algúen se leve a este frikie de aquí (ou de alí). di cousas coma estas "a Historia é inmutable e non se pode nin cambear, nin falsear. E é á Historia á que hoxe rendimos homenaxe a través desta bandeira que simboliza a España eterna, a de todas as épocas...".

 

contradiccións (bcn III)

Ando polo raval e a cada paso que dou, máis contenta me poño. Atraveso unha praza das que me gustan a min, onde os nenos xogan con camisetas do barça, de marrocos, de camerún e mali; onde os vellos se sentan nos bancos coas zapatillas de casa postas , onde venden comidas de case todos os sitios do mundo, onde se poden tomar unhas patacas bravas e unha caña en condicións. Sentada nunha terraza, coma un peixe na auga, oio como a rapaza que ven conmigo me di "ti tiñas que vivir en lavapiés". Mentres me dá o sol, doulle outro chopo a miña cervexa e intento explicarlle parte (só parte) das miñas contradiccións, de como ás veces resulta difícil casar o meu xornal burgués favorito cos bares onde me gusta almorzar. Co seguinte grolo, desisto da explicación. Vexo o mar, paseo por outra rambla de bcn e alguén me dá un toque no ombro: a casualidade faime tropezar cos marin lover's, compartimos risas e alcol ata que chega a hora de marchar. Camiño da estación vexo o anuncio doutra exposición que sei que me traerá ata aquí de novo. Monto no tren, soa o nokia, falo con acalycanto e volto a rir, chego á ciutat. Cansa e feliz.

10.11.2005

 

touché

Co goberno do estado facendo auga por todas partes, bambi atendendo a un só fronte (que son mil e un), ella desbordada e m.a.m desaparecido(!!!!????), o anticristo aparece en escena facendo das súas e o oráculo de delfos emite sinais sinistras. No medio, un reimago poñendo sentidiño.

 

viaxe


viaxe á vista en reis, con oh!vaia

10.10.2005

 

legalidade


 

bcn II

Vou a bcn e vexo unha exposición flipante, nun edificio flipante, nun bairro flipante. Nestes días nos que casi non me atrevo a ver os telexornais, vou ver estas fotos que devolven miradas que me dan voltas por dentro. Levo anos pensando se temos ou non dereito a facer estética e arte ante a dor dos demáis e non dou chegado a unha conclusión definitiva.

 

pontes

Hai días nos que os teléfonos móbiles funcionan como pontes de afecto. Ao longo desta semán, ao tempo que amadrinha e máis eu mantemos unha guerra por un copyright e por un "quítame de ahí esos pronombres", o meu móbil recibe e fai chamadas que son coma apertas. Por primeira vez, elbulli chámame para saber que tal?, mentres falamos noto o seu riso como nunca; a verdade é que boto contas e saeme que, dende que naceu, nunca estivemos tanto tempo sen vernos. Cesare, camiño de coller un bus que o leva a onde el quere ir, dame un telefonazo para que lle aclare unha historia surrealista que me sucedeu esta mañá, tamén me di que me colle xa unha entrada para un concerto que haberá o 3 de decembro en humidtown. Acalycanto pídeme pasteis por seur 10 para que lle axuden (coma anos pasados) a facer máis levadeiros estes días de agobios. Algo máis atrás, falo con lars cunha proximidade como había tempo: cada palabra é coma un bico. Era venres e quixera estar apoiada na barra dun bar calquera de humidtown.

10.05.2005

 

xornalismo

Facéndome eco dunha precisión lingüística que me fixeron recentemente aclaro:

salto s.m. 1. Acción de saltar, de elevarse ata certa altura, lanzarse desde o alto ou superar un obstáculo ou marca. Pasou a charca dun salto. Necesitas coller máis impulso para o salto. SIN. brinco, chouto, pulo.Un erro no salto do último valo.
asalto s.m. 1. Acción e efecto de asaltar. Non houbo víctimas no asalto ó tren. SIN. atraco. Levouse a cabo o asalto da praza forte.

A maior abundamento:

asaltarv.t. 1. Atacar con armas [unha fortaleza, praza, etc.] para conquistala. Asaltaron o castelo. 2. Atacar de repente [a alguén] ou entrar de modo violento en [un sitio] para roubar. Asaltáronnos na parte máis perigosa da cidade. Foron tres os que asaltaron o banco. SIN. atracar.

Así que creo que está bastante claro: o valado de melilla non se asalta, sáltase.

10.04.2005

 

vergoña



Estas xa non son as nosas vergoñas. Agora que apanden eles con todas.

10.03.2005

 

uso e abuso

En previsión das posibles tormentas que anuncia o home do tempo fago uso e abuso das bibliotecas públicas da generalitat. As tormentas nunca chegaron pero entrei na casa cargada de suministros varios. Leo dunha sentada sobre a historia natural da destrucción de W.G Sebald. Cando a remato penso na sorte que tiven en tropezar con Austerlizt primeiro porque cando paso a última páxina desta nova historia no único que penso e en ver as noticias. Coa televisión avariada e coma se fosen cigarros, apago un libro encendendo outro e collo entre as maos un de delillo: os dialógos, o ritmo, as descricións, as doses xustas de cinismo, sexo e poder fan que me quede pegada ás páxinas durante horas coma unha ventosa.
Remato o libro sobre caravaggio e, mentre vexo paisá penso no ben que viria un rossellini nestes tempos de valados obscenos.

 

broma

Cando leo por primeira vez que a solución (única) da que se fala para "evitar máis mortes en melilla"(ja) é dar tres metros máis de altura a un valado penso que é unha broma de tan mal gusto que non pode ser certa. Se na era tecnosexual isto é todo o que poden ofrecer(aramio, cemento e paleta) apaga e vámonos. A segunda vez que o leo non sei se teño ganas de rir ou chorar, pero si de vomitar.

 

mudanzas

Como dixo aquel, hai días que son nós cósmicos da mudanza.
Paso a fin de semán entre cambio e cambio intentando botar por terra as leccións de lampedusa: a tarde do sábado subo e baixo escadas -dirección:3ºc- cargada con libros, altavoces, pratos e mesmo algún colchón na procura dunha luz que o 2ºc me negaba. Mudo de tele a gano 10 € no troco. Os 7º C que marcaba un termómetro da ciutat ás 8:00 dan conta de que tambien trocan as estacións; por fin cambio de despacho en frikilandia: agora atendo o público. Parece cousa mellor, sobre todo se prefires rendir contas a quen che paga e non a quen che manda.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?