9.08.2005

 

prefixo


Así como onte lles tocou a outros, hoxe é o día no que eu cambio de prefixo. Entro de cheo nunha nova década que xa comparto cos amigos que foron chegando alí aos poucos.
Hai xusto un ano recibín agasallos que me acompañan ata aquí: un chan cuberto de libros azuis con bolas de papel, un quitasuspiros (?) e o pack completo de películas do pequeno gran xenio xudeo que vexo e revexo sen cansarme.
Onte regina, que ven pasar uns días conmigo, dame a esperada historia do cine que leo na miña cama ao tempo en que fago o tránsito á esa presunta madurez que me nego a asumir. Mentres remexo nas tuberías de cidadán kane fago un balance destes últimos doces meses e saeme mais positivo que a zapatero o seu primeiro ano de governo: os mellores amigos e amigas que nunca soñei, o traballo definitivo, as 6 semanas en ciudad-ajo e que me permitiron coñecela de verdade, este destino, o cambio que levo agardando dende a primeira vez que votei, o novo cd de tom waits, o descubrimento (xa sei que tardío) de coetzee, w.g.sebald e haruki murakami, a casa rural de salamanca compartindo cama con cesare, a miña nova bicicleta, a amizade-parece que consolidada- con a-cal-y-canto e as risas compartidas, a liga "aquest any si", a mermelada de amoras co pequenosaltmontes, a pulseira no nocello....en fin, e tantas e tantas cousas que se me esquecen poñer aquí.
Seguro que tamén houbo algunha sombra, algún nubarrón e mooooitas lagoas, fuentes, que non fun quen de encher.
Pero xa faleri delas aló polo outono, cando chegue o tempo de leonard cohen. Se é que chega.

Comments:
felicidades Pepiña! chámote despois e desvelo o misterio. Mentres tanto BICAZOS e disfrútaos, non é tan malo como o pintan...creeme...
 
Moitos parabéns, bonita!!! Quixen chamarte pero acabo de descubrir que o teu teléfono desapareceu da miña axenda do mobil. Ademáis, o meu comentario de onte, non o vexo por ningures... algo raro está pasando...
Non voes polos aires con esas "garrafas de vento"
 
¿Regina?. Dende o medio da ciutat, no barrio xudeo, parabéns de novo por esos trinta anos que o resto dos mortais xa temos pasados.
 
benvida por aquí!
 
i thought your blog was cool and i think you may like this cool Website. now just Click Here
 
do you understand what i writte?
 
Postar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?