8.30.2005

 

sorte

Non saben ben a sorte que teñen.
Ogallá todos os xefes do mundo foran coma el.

8.29.2005

 

vin


Vin chover dende dentro dun café silencioso mentres lía o meu xornal burgués preferido e miraba o meu macuto cheo de toalla e crema bronceadora.

Vin como as casualidade da vida son infinitas cando me atopei á ex-secre de a-cal-y-canto nun aparcamento da ciutat.

Vin o riquísima que sabe unha horchata de chufa, si us plau, un sábado pola tarde.

Vin empatar a ceros ao meu equipo despois de tirar 3 veces ao pau. Vin, tamén, que é més que un club.

Vin como o silenzo me producía unha inquedanza da que me sacou woody allen, hannah e as suás irmás e ee cummings ( nen sequera a chuvia ten as maos tan pequenas).

Vin unha ponte románica en forma de ángulo obtuso que foi reconstruída nos anos 60 despois de ser bombardeada no ano 39 do século pasado

Vin un campo cheo de xirasoles co pescozo estirado á procura do sol.

Vin o Estany de Banyoles e, mentres paseaba arredor, lembrei (eu tamén) aqueles versos de Valente " hay una quieta paz metálica que el lago azul multiplica....". Cando xente de todas as cores pasaba pedaleando ao meu carón, pensei en canto vou botar en falta a miña bicicleta.

Vin un concerto na praza do pobo con centos de persoas que chegaron de máis abaixo do estreito sorrindo, bailando e cantando conforme mandaban os tambores e o acordeón.

Vin o sol roxo meterse por detrás das montañas e voltei prá casa.


8.26.2005

 

Europa I


Mentres conduzo pola N-II dirección Badalona e co sol de agosto queimándome os ollos, observo como en Europa as putas traballan ás beiras da estrada con silla de praia e sombrilla. Son cerca das cinco da tarde e a calor que vai é insoportable. Vexo tamén que aquí, en Europa, todas as gasolineiras son de autoservizo e que non me queda outra que tragar e guiar coas mans cheirando a gasoil.
Evito a autoestrada para comprobar o horror dos pobos que destrozaron esta parte do Meditérraneo e pregúntome onde demos están as praias nas que o noi deixou medrar a súa nenez, porque costa imaxinalas no medio de tanto cemento.
Unha hora e media despois xa estou en disposición de encher o meu carriño na gran feira que é ikea. Fagoo, con cousas necesaias e non tanto e , sen sol volto prá casa.
Na radio falan do comezo do Joan Gamper e oio como aquí, en Europa, un adestrador holandés se dirixe a la gent blaugrana en perfecto catalán e como unha hora despois o locutor anuncia unha nova estrela.
Entro na ciutat cansa e co coche por baleiar pero con ilusión por ir facendo da casa fogar. Porque cando estou tan ben, ata me fai feliz estrear o meu novo escurridor de spaguettis

 

aquí e alí II

Aquí: O adestrador holandés fala catalán diante de 100.000 persoas aos dous anos de chegar.
Alí: O lexendario brasileiro do little-madrid fala español despois de máis de 10 anos vivindo en xibraltar.
E digo eu que algo de culpa teremos nós.

8.24.2005

 

convulsións

Empezo a notar un preocupante temblor na miña mao dereita; o dedo pulgar, co que adoitaba mandar sms ao mundo, está empezando a atrofiarse. Creo que teño o mono.
O asunto é que levo 10 días incomunicada, sen móbil polo que falar e polo que escribir.Tal vez fora unha proba de lume para unha pobre exiliada, pero xa está ben, joder.
Mañá é o día, mañá chegará a socorrerme vodafone

8.23.2005

 

permuta

Tras unha queixa xustificada e máis que motivada pola existencia dun perigoso precedente, a partires de xa oleaozinho pasa a ser pequenosaltamontes

 

cesare

Cesare e máis eu coñecémonos dende hai bastante tempo, pero foi nestes últimos dous ou tres anos cando, grazas a amigos e lugares comúns, empezamos a pasear collidos da mao polas rúas de humidtown (e outras cidades). Detrás dos lentes dese peterpan fodedoriño, moderno e irreverente escóndese unha das miradas máis lúcidas que eu atopei na vida.
A súa voz é unha das que eu máis escoito e da súa boca saen sempre palabras que axudan (especialmente en momentos de indecisións e incertezas ). Foi el quen me iniciou nesta aventura; foron os seus pensamentos en alto os que (en parte) me trouxeron ata aquí; del foi o empuxonciño que me permitiu prolongar aquela noite máxica durante todo este vrao e del os emails recibidos nos últimos días alí e que me facían escachar coa risa cada mañán. Non sei como terían sido estes últimos anos sen os seus cariños atenienses.

8.19.2005

 

aquí e alí

Aquí: entre a búsqueda de vivenda (algo atopei), as mañás no choio e o insomnio de noite non tiven vagar; aínda non puiden visitar a ciutat e nin pasei por diante da catedral. No traballo todo é un pouco caótico e boto moito en falta o labor pedagóxico de a -cal-y-canto para poñerme en situación e logo pedir contas. Pero todo vai ben encamiñado: lancei as moedas ó aire e creo que cairon de cara.

Alí: tamén pasas cousas que me fan sentir ben:

Só falta que me digan que os virus abandoaron a cesare e que lle baixou a febre.


8.17.2005

 

o choio I

Por aquí todo funciona cunah marcha menos do normal. ¿onde están as bromas e as présas de a-cal-y-canto?

8.16.2005

 

A todo flispín II

Cando saio da terra do viño, de xeito simultáneo, crúzaseme un camión con nome Alegría e éntrame unha mensaxe de ambigú no móbil. ¿Alguén póde explicarme esta conexión?

 

A todo flispín I

Cruzo a península a todo flispín. A música do cd do coche vai cambiando coa paisaxe. Saio de humidtown con Joao Afonso cantando baixiño pra min (que gustiño prás miñas orellas); cun sol de xustiza vou atravesando as nosas montañas máxicas con Ismael Lö e o seu Tajabone poñendome a pel de pita. En Burgos apetéceseme a Fusa dos brasileirinhos. Xa en Logroño soa a cara oculta da lúa.
É curioso, no primeiro traxecto da ruta non apareceu a voz de ningún dos dous grandes deuses.
¿Será tamén cousa do (meu) cambio?

8.14.2005

 

o exilio

Dixemos centos de veces cesare e máis eu que cando a berenguela anunciase a arrebato a hora de marchar sería o momento de comezar esta aventura. Ese día chegou.
Atrás quedan nomes de persoas e lugares e a inmensa borracheira de felicidade(claramente influenciada polo cambio) que foi este vrao. Por diante unha nova vida, unha nova cidade, un novo país: a víamichelin, a montaña máxica e o home sen atributos coma compañeiros de viaxe.
Brindo polo futuro

This page is powered by Blogger. Isn't yours?